A tribo


Un programa de radio onde atoparnos, tecer redes e complicidades.


Un programa de radio en Internet

A TRIBO é un programa de radio deseñado específicamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Información e tratamentos que non encontramos nas radios convencionais. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO nace coa vontade de confluír con aquelas organizacións sociais, medios de comunicación, entidades e persoas que soñan cunha sociedade máis xusta e igualitaria.

O equipo

REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa
COORDINACIÓN Verónica Álvarez
DESEÑO GRÁFICO Laura Romero
COMUNICACIÓN Rosabel Candal
SUPERVISIÓN Duarte Crestar
PRODUCIÓN Tingalaranga
REALIZACIÓN WEB Asociación Touda


Programa 0 (8 Maio 2020)

Ana María Núñez Rubines_ Coordenadora do Grupo de Intervención Psicoloxía en Catástrofes e Emerxencias do Colexio de Psicoloxía de Galicia
Carlos Blanco_ Actor
Iago Lestegás Tizón_ Arquitecto, Doutor en Urbanismo
Isabel Prego_Celadora no CHUAC
Isabel Vilalba Seivane_Labrega e Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG)
Jesús López Romalde_Catedrático de Microbioloxía e Director do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da UDC
Luís Rei_Recepcionista de Mercadoría nun Hipermercado da Coruña
Marta Rial Chorén_Psicóloga e activista da Plataforma 'Mina Touro-O Pino non'
Mónica Fernández_Auxiliar de Enfermería no CHUS
Rebeca Baceiredo Pérez_Escritora e Filósofa
Rita del Lago_Cociñeira no Centro de Maiores de Celanova
Sagrario Fernández_Traballadora Social no HULA
Sofía Riveiro Olveira_Educadora Social
Xabier Díaz_Músico
Vituco Neira_Músico

MÚSICAS de Magin Blanco, Radio Infame, Guadi Galego, Xabier Díaz, Cuarta Xusta, Ruxe Ruxe, Marful e Zënzar.


Programa 1 (22 Maio 2020)

RENDA BÁSICA UNIVERSAL: Máis alá do ingreso mínimo vital

Neste programa achegámonos á Renda Básica Universal, escoitamos as propostas de organizacións defensoras deste novo dereito humano, traballadoras dos servizos sociais e persoas en situación de pobreza, ao tempo que nos preguntamos sobre as medidas económicas que deberían axudar a reducir as desigualdades sociais. Contamos coa artista Mercedes Peón; co profesor da Facultade de Económicas da USC, Adrián Dios; co educador social e membro do Colectivo Cidadáns pola RBU, Rodri Gil; con Javier Pérez, activista da Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social; e Eva López, técnica de Servizos Sociais Comunitarios. Así como con testemuñas tiradas do documental (aínda por estrear): A vivenda un ben social?; un proxecto audiovisual producido polo Colexio de Traballo Social de Galicia; realizado por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa.

Tamén contamos coas colaboracións de Julia Vázquez, veciña de Anxeriz; coas expatriadas Ana González, María Novas e Martín Loureiro; e coas voces de Marga Quintela, Rochi Nóvoa, Pepa, Eva, José Manuel Menéndez, Sandra, Isa, Anima e Sebas Anxos.

O programa complétase coa música de Mercedes Peón (Paralá), Machina + Leo Arremecágonha (Desescribir), Isma Khalo (A quen lle importa), Sumrrá (Minoría Absoluta), Branca Villares (Xente sen casa), Ánima (Trincheira-One-Shot), Machina (Liberdade, A obrigación da implicación) e Ataque Escampe (Desde o céu com amor).


Programa 2 (5 Xuño 2020)

REDES DE APOIO MUTUO, COIDADOS E COOPERACIÓN SOCIAL

Neste programa achegámonos ás Redes de Apoio Mutuo que nacen para afrontar problemas ocasionados pola pandemia. Falamos sobre coidados e reflexionamos sobre economía solidaria. Contamos co músico Nacho Gharbanzo; coa escritora Emma Pedreira; con Marta Bóo, Presidenta de REAS GALICIA; con Loli Patiño e Diego Jiménez, coordinadoras do Grupo de Apoio Mutuo da Coruña; con Rosa Gallego, do grupo de traballo ‘Cose na Casa’; David Ordás, do grupo de Cicloloxística dos GAM e con Concha Rey, voluntaria do Banco de Alimentos Rías Altas.

Tamén contamos coas colaboracións de Begoña de Bernardo e Laura Rey, coas que falaremos sobre coidados e cooperación e coas voces de Lois Castro, Gabriela, Angela, Eyner, Javier e Alexis.

O programa complétase coa música de Gharbanzo Neghro (Na Galiza da Festa), Nacho Gharbanzo (Somriu), A Banda da Loba (Bailando as rúas), Zënzar (Todo se extingue, Paranoia e Incomunicados), Baiuca (Morriña), Sofía Espiñeira (A vida contemplativa), Magín Blanco (O amigo invisible), Fausto (Uns vao bem e outros mal), Lydia Botana (Quen nos queima), O ́Leo de Matamá (A Tribo na que vivo), Su Garrido Pombo (Pecados e Quedo a vivir aquí), María Arnal e Marcel Bages (Canción Total).

Programas

Emisións de A Tribo dispoñibles até o momento.



Contacta connosco


Escríbenos cos teus comentarios, ideas, achegas...